Este ano non podía ser doutra maneira. Tanto están facendo estas mozas por espallar a nosa lingua e a nosa cultura, que quixemos poñer o noso gran de area facendo unha coreografía sinxela para amosar que o galego non ten fronteiras.
Aprendemos a aproveitar e a non tirar. Gardamos as mondas das mandarinas que comemos nos almorzos e unha vez secas, fabricamos con elas po, que serve para botarlle aos biscoitos, ás madalenas…
No mes de marzo fixemos este experimento. O obxectivo era crear espuma, resultado dunha reacción química entre un ácido e unha base.
Os materiais que empregamos son: Un limón, unha bandexa, bicarbonato, xabón, tabla para cortar e coitelo.
Primeiro cortamos o limón e a continuación botamos o xabón e o bicarbonato. O limón erupciona como si se tratara dun volcán. Esta erupción prodúcese porque o ácido cítrico (PH baixo) que contén o limón reacciona co bicarbonato de sodio, que é unha base (PH alto). Durante esta reacción expúlsase dióxido de carbono, e ao mezclarse co xabón… Sae espuma!
Este pasado venres fomos de excursión ao viveiro de plantas de Castrelo. Despois de dous anos sin poder saír de excursión, foi unha gran emoción montar en autobús e ir a coñecer un sitio novo.
Alí Lucía encargouse de explicarnos todo o proceso que seguen para ter as plantas e árbores que logo poñemos nas nosas hortas e xardíns.
Tinguimos, para decorar en Pascua, ovos das nosas galiñas con dous produtos naturais (cúrcuma e remolacha). Aproveitamos para observar:
Como cocen os ovos no forno.
Tocar, cheirar, relar e probar a remolacha.
Transformación da auga mentres ferve, levantando a tapa da pota, para ver saír o vapor e apartándoa para que caian pingas ao arrefriarse (ciclo da auga).
Como estamos en Primavera, Águeda ofreceuse a facer unha sesión de música ensinándonos o violín, e tocando a canción de Vivaldi, “La primavera”, ademáis de outras moitas que sabe. Aprendemos as partes do violín, coñecemos datos sobre Vivaldi, escoitamos os paxariños e a tormenta coas notas do violín nesa obra súa, e ata bailamos cunha canción que é moi recente e famosa polo mundo adiante…
Fabricamos bombas de xabón e, como cheira moi ben, tamén preparamos un ambientador moi primaveral para levar a casa. Con esta actividade os nenos e nenas de Vilaza traballaron motivadísimos, mentres desenvolvían moitas destrezas e habilidades.
Coñecemos a Antártida e o Ártico. Viaxamos ata alí grazas a uns vídeos de Grenpeace con visión de 360º, utilizando unhas lentes de visión 3D e un teléfono móbil.
Durante a semana pasada conmemoramos o Día da Muller Traballadora facendo diferentes actividades: Falamos e reflexionamos sobre o significado deste día, contamos contos como o de ” El Príncipe Ceniciento” o “SuperLola”, coñecemos “Mulleres Marabillosas ” todas elas galegas que fixeron e fan cousas destacables no seu campo , xogamos ao “Memory de Mulleres”, fixemos medallóns, estrelas e banderolas para celebrar o día , debuxamos as “Mulleres da Nosa Vida” e aprendemos a canción que creou a profesora de música para esta ocasión.
Neste vídeo podedes ver algunhas destas actividades.
En Vilaza fixemos neve artificial usando Poliacrilato de Sodio, que é un polímero, non tóxico, con capacidade para absorber grandes cantidades de auga.
Ademais de calcular, xogar, crear e gozar manipulando, serviunos para aprender sobre zonas do noso Planeta cubertas de xeo permanentemente e son o habitat dalgúns animais.
Buscamos información do Ártico onde viven o oso polar, a morsa, a balea jorobada, o narval, a foca, o reno e o raposo polar. Na Antártida, que está no polo sur, fai moitísimo frío e alí viven os pingüíns.