Monthly Archives: Maio 2013

O UNIVERSO

Estándar

XA SABEDES QUE NA XIRONDA ESTE ANO ESTAMOS A TRABALLAR UN PEQUENIÑO PROXECTO DO UNIVERSO E PARA ISO ESTAMOS A FACER UN MONTÓN DE ACTIVIDADES.

_ FIXEMOS TELESCOPIOS CON ROLLOS DE CARTÓN DE COCIÑA PINTADOS E DECORADOS CON GOMETS.

Imagen_ TAMÉN FIXEMOS FOGUETES CON PAPEL DE ALUMNIO QUE EMPREGAN PARA TRAER OS BOCADILLOS QUE COMEN A MEDIA MAÑÁ NA ESCOLA.

DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE

Estándar
Sabiades que o 17 de maio, ademais de ser o día das Letras Galegas, é o Día Mundial da Reciclaxe. No CRA celebrámolo vendo vídeos na PDI, cantando, lendo o libriño “Aproveita os teus recursos”, facendo manualidades e coloreando debuxos. Todos levamos moi contentos a pegatina que viña nos libriños que nos regalou a Cruz Vermella. 
2013-05-2212013-05-222
 

Estas son todas as aulas traballando o día mundial da reciclaxe...

2013-05-223

ARTE CON POSTAIS

Estándar

Este ano na Casa das Conchas en Salamanca hai unha exposición chamada Mail-Art. É unha iniciativa que forma parte dunha rede de exposicións internacionais chamadas Expo enredadas.

Neste encontro exponse unha colección colaborativa de postais feitas por alumnos/as e mestres/as de toda a xeografía española, ademais dalgunhas contribucións latinoamericanas.

Os nenos e nenas da aula da Xironda e de Feces quixemos participar nesta exposión e elaboramos ou modificamos unhas postais que xa podedes ver na Casa das Conchas en Salamanca.

De luns a venres de 9:00 a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.

Animámosvos a que a visitedes.

postales