CREANDO, COÑECENDO E VALORANDO O NOSO PATRIMONIO

Estándar

O venres 17 de abril desfrutaremos en Albarellos dunha interesantísima e innovadora experiencia pèdagóxica, para que os nenos e nenas do CRA  coñezan e valoren o patrimonio do Támega; Con ela conmemoraremos ademais, o Día Internacional dos Monumentos que é o 18 de Abril. Os nosos alumnos participarán nunha variada oferta de obradoiros creados especialmente para este fin.

A xornada está organizada polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT), Grupo de Investigación e Innovacións Educativas (GIE-OU)  e polo Proxecto Alto Támega IDE-Ou  e ponse en práctica grazas ao esforzo das profesoras do Campus de Ourense da Universidade de Vigo,  Bea Comendador e Maribel Doval e dos alumnos Iria Martínez  Castiñeira, Diana Rodríguez Rodríguez, Irene Varela Carpintero e Manuel Iglesias Alonso, estudantes do último curso dos Grados de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Social.

É un honor para os mestres do CRA poder participar nesta experiencia con Bea Comendador,  Vicedecana da Facultade de Historia,  profesora da Area de Prehistoria e investigadora do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio e con Maribel Doval, profesora de Novas Tecnoloxías e Deseño e Innovación do Currículo da Facultade de Ciencias da Educación.

11150160_824075391018528_5357857329226746984_n

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s