Daily Archives: 09/03/2017

INICIÁMONOS NA ROBÓTICA

Estándar

Si, si, como ledes! Este curso dedicimos iniciar ao noso alumnado na robótica empregando un robot chamado BEE BOT (ao que proximamente lle cambiaremos o nome). Este robot ten unha serie de botóns que lle permite aos nenos programalo para executar unha serie de ordes.

Non resulta nada fácil manexalo pois require de moita atención, reflexión e anticipación de movementos entre outras habilidades, pero con práctica estamos a lograr moi bos resultados.

No vídeo podedes ver unha pequena mostra de como estamos a traballar co BEE BOT.

Advertisements