Category Archives: CRA

ACTIVIDADE FEITA COLABORANDO TODAS AS AULAS

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2017

Estándar

Este ano adícanse as Letras Galegas a Carlos Casares, escritor Limiá. Na cabeceira do noso blog podedes atopar unha pestana con recursos e enlaces para traballar tanto a vida como a obra (sobre todo infantiles) deste escritor Ourensán.

Tamén vos deixamos aquí unha imaxe que si imprimides en tamaño A3 podedes facer unha gorra do conto Lolo anda en bicicleta.

2 DE ABRIL-DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Vídeo

Este domingo celébrase o Día Mundial da Concienciación do Autismo; nas nosas aulas quixemos tratar o tema e facer unha pequena actividade para sensibilizar ao noso alumnado no tema. Vimos un vídeo dunha  nena chamada María que ten autismo e en cada aula pintamos un anaquiño do corazón que representa o Autismo, un corazón con diferentes cores que representa a diversidade de persoas e familias que viven con este trastorno.

Aquí podedes ver o vídeo que vimos.