Category Archives: FECES

SOL E CALOR, RECREOS CON AUGA

Imaxe

Aproveitando que volveu o sol e o calor hoxe enchemos o areeiro de auga para disfrutar do marabilloso patio da escola de Feces.

Advertisements

UN BECHO ESTRAÑO

Vídeo

Estes días estivemos traballando co conto UN BECHO ESTRAÑO. Aprendemos unha canción que nos ensinou a profe Lidia e fixemos un par de actividades relacionadas con el que podedes ver nos seguintes vídeos.

No seguinte vídeo podedes ver o conto cantado por Lidia.

LA AVELLANA

Vídeo

Estas últimas semanas do outono estivemos traballando un conto da Editorial Kókinos titulado LA AVELLANA, co cal fixemos moitas actividades.

 

 

Nos momentos libres gustábanos contar o conto nos diferentes formatos.

 

 

Aquí podedes ver o conto sobre o que traballamos

 

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Vídeo

Fai unhas semanas que comezamos a traballar o conto “Unha eiruga moi larpeira”. Fixemos moitas actividades relacionadas con el, como aprender os días da semana, diferentes nomes de froitas, as fases polas que pasa unha eiruga antes de convertirse en bolboreta e os números do 1 ao 5.

Neste curtiño vídeo facemos un resume de como o traballamos, non volo perdades.