Category Archives: PAZOS

FACEMOS NEVE NA ESCOLA

Imaxe

Dende que empezou o inverno, en Pazos estivemos experimentando dúas maneiras diferentes de crear neve; unha para facer o mural que vedes, empregando cola branca e espuma de afeitar…

 

… a outra, empregando bicarbonato e auga moi fría.

Advertisements

APRENDER PODE SER MOI DIVERTIDO

Imaxe

Para mostra estas dúas imaxes dalgunha actividade que fixemos en Pazos!!!

Parece que só estamos xogando a pescar, pero tamén estamos a traballar a discriminación visual e a coordinación óculo-manual.

Axudando ao noso monstro comepalabras a separar os tapóns para que non se poña maliño comendo palabras que empezan igual, traballamos a discriminación fonémica, tan importante para iniciarse na lectoescritura.

Aprender e divertirse teñen que ir da man.

SAMAÍN EN PAZOS

Imaxe

     Fai case unha semana que celebramos o Samaín na escola preparando moitas actividades relacionadas con esta festa de orixe celta. Fixemos manualidades, aprendemos cancións, xogos e ata cociñamos para preparar unha merenda terrorífica.

Entre outras manualidades preparamos uns monstros que non podían ter máis de 5 ollos.

Xogamos a un xogo moi divertido coas mans duns esqueletos.

E cociñamos para facer unha merenda terrorífica.

TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS

Imaxe

      Aproveitando que acabamos de celebrar a festa do Samaín que tanto nos gusta, pero que nos da un pouquiño de medo, en Pazos comezamos a traballar esta emoción.

     Empregamos o conto Los tentáculos de Blef para introducir o tema e pouco a pouco ir profundizando nel. Falamos sobre que lle pasa a Blef, como se sinte e porqué se sinte así e debuxamos os medos que temos cada un para metelos na “Caixa comemedos”, a cal empregaremos cada vez que nos xurda un medo, para que se faga pequeniño.

Este é o conto que empregamos: