Category Archives: VILAZA

HAI PATOS NO RÍO!

Vídeo

Cando temos a escola nunha contorna tan bonita hai que aproveitar todo o que xorde e serve para aprender !

Dixéronnos que no río había unha pata con moitos parruliños e alá fomos.

Mentres os buscabamos observamos hortos, plantas… Gozamos da natureza na primavera!

OS MAIOS EN VILAZA

Vídeo

O 30 de abril celebramos a festa dos Maios en Vilaza. O mércores aproveitamos a andaina de educación física na rúa, para recoller flores silvestres, mentres comentabamos os seus nomes e características  O venres trouxemos máis flores de casa e con todas creamos, sobre cartón, dous cadros cos animaliños que estamos a criar na escola. A celebración rematou cantando as coplas na alameda para o mellor público, as familias.

ENTROIDO EN VILAZA

Vídeo

Este curso o Entroido foi moi diferente, non houbo desfile con todos os escolares de Verín, pero non por iso deixamos de vivilo na nosa escola. En Vilaza tivemos que pospoñer a celebración ata rematar a corentena e por fin, o venres saímos pola aldea a cantar e bailar e terminamos cunha espectacular festa con luz negra.