1- CONTEXTUALIZAMOS A CIENCIA

 

¿QUE É A CIENCIA?

TRAILER FIGURAS OCULTAS

LA PEQUEÑA PROGRAMADORA DE HUESCA

 

2- FACEMOS CIENCIA

EXPERIMENTOS CURSO 2018/2019

MOVEMOS PAPEIS CO SON

Coa mestra de música, fixemos un experimento para comprobar que o son (as súas ondas, máis ben) móvense polo aire, e chocan contra os obxectos. Para iso precisamos un micro, un altofalante, uns instrumentos, e papeliños de seda. Ao tocar os instrumentos diante do micro, conectado ao altofalante, ese son “movía” os papeliños de seda que tiña enriba. Foi moi divertido velos bailar!!!

 

 

ESCRIBIMOS CON TINTA INVISIBLE 

Esta semana experimentamos a reacción dun ácido en contacto coa calor. Motivados coa lectura dun conto titulado La gran fábrica de palabras puxémonos mans á obra e investigamos como podiamos fabricar tinta invisible. No seguinte vídeo podedes ver o proceso.

BURBULLAS DE XABÓN

Esta semana experimentamos coas moléculas da auga nun líquido xabonoso. Como motivación para introducir o experimento empregamos o conto “Nuna sabe leer la mente”.

FLUIDO NON NEWTONIANO

Estivemos experimentando o comportamento dun fluído non Newtoniano. Motivados polo divertido conto “Marcelina en la Cocina” decidimos facer a nosa sopa particular. Mesturamos 2 partes de fariña de millo (Maizena) por 1 de auga. Comprobamos que os fluídos non newtonianos son aqueles que se comportan de diferente forma según a presión que se lle aplique.

DECORAMOS OVOS E EXPERIMENTAMOS

Decoramos os ovos utilizando a capilaridade para conseguir moitas mesturas de cores, que se espallaron e pasaron aos ovos grazas a que a súa casca é porosa.

 

BUXAINA DE NEWTON

Unha das actividades relacionadas coa plástica que preparamos, foi un experimento que nos permitiu comprobar a descomposición da cor branca , facendo xirar, á maior velocidade posible, un círculo dividido en sectores pintados coas  cores do arco da vella .  

Pintamos o círculo empregando as cores do arco da vella( vermello, laranxa, amarelo, verde claro, verde escuro, azul claro, azul escuro e  morado ), recortámolo ou picámolo , pegámolo sobre un cartón duro , atravesamos o centro do círculo cunha cera e…A XIRAR se o facemos moi, moi rápido conseguiremos velo de cor blanca ou grisácea.

20190421_205157         20190421_211119

20190421_212958       20190421_213815

 

CIENCIA EN FAMILIA

No terceiro trimestre iniciamos unha actividade chamada “Ciencia en Familia”; consiste en que cada neno vai levar, durante tres días, unha mochila á súa casa, co necesario para poder facer un experimento dos que xa fixemos noutros cursos, pero coa súa familia.

Cada mochila leva unha ficha co experimento a facer (onde se detalla o proceso e o que se aprende), os materiais que precisan, e un caderno de rexistro da experiencia.

Esta primeira quenda propoñemos un experimento para observar a capilaridade dos líquidos.

 

Así mostraron orgulloso os nenos a súa mochila.

Para a segunda quenda, propoñemos para experimentar na casa a reacción do limoneno das laranxas coa goma

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CIENCIA NA COCIÑA

Como nos gusta experimentar en tódolos eidos, decidimos probar unha nova técnica culinaria, as esferificacións, mediante a xelatinización cambiamos a estrutura dun líquido a unha estrutura ríxida, para iso empregamos un axente xelatinizante, neste caso Agar Agar, un componente que se obtén dunha alga. Coa axuda dunha xiringa e unha pipeta botamos gotiñas de líquido quente en aceite moi frío e obtivemos unhas pequenas esferas que puidemos probar e comprobar a súa textura.

 

FABRICAMOS UN ZOOTROPO

Cando visitamos o Festival de Curtas de Verín, os nenos sorprendéronse moito coas películas antigas en branco e negro, do inicio do cinema, polo que, quixemos aprender mais, facendo experimentos ópticos e empezamos fabricando un zootropo.

 

CONSTRUÍMOS UN FENAQUISTISCOPIO

Continuamos construíndo obxectos para facer experimentos ópticos. Fixemos un fenaquistiscopio e custounos tanto, ver a ilusión óptica reflectida no espello, como aprender o seu nome.

FABRICAMOS UN TRAUMATROPO
De novo experimentamos cos efectos visuais e agora tocou fabricar diferentes Taumatropos. Estes aparellos son mais fáciles de elaborar e manexar, así que todos os nenos fixeron un.

OBSERVAMOS A NATUREZA

Esta primavera aprendemos moito sobre o ciclo vital dos poliños, das bolboretas de verza e das eirugas de seda. Pinchando nas imaxes pódense ver os collages máis grandes.

EXCURSIÓN A APIPOLIS

A excursión de fin de curso deste ano estivo enfocada a coñecer o mundo das abellas e todo o que xira arredor delas. Como son, como se relacionan entre elas e co medio, como se reproducen, como elaboran o mel e o polen, como extraemos as persoas o mel… Ata elaboramos galletas de mel e entramos nun apiario a observalas de preto.

 

1ª FEIRA DA CIENCIA

Este mércores, 12 de xuños, celebraremos en Albarellos a 1ª Feira da Ciencia do CRA Monterrei. Temos como invitados ao CEIP de Medeiros, co que compartiremos unha intensa mañá de experimentos e experiencias científicas, tales como un obradoiro de luz negra, outro de chocolate e unha zona de experimentos, na que os protagonistas serán os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria.

A Feira da Ciencia foi retransmitida pola CRTVG.

 

RESPIRO NON RESPIRO

Os nosos pulmóns son incribles: permítennos respirar, falar, berrar, cantar, rir e mesmo chorar!

Experimentamos sobre a respiración, e o sistema respiratorio, fixemos un modelo de pulmóns para así poder simular a respiración.

CRISTALIZACIÓN DO AZUCRE

Fixemos unha disolución de auga e azucre, chamada disolución saturada. Cando quentamos auga admite unha gran cantidade de azucre, si a esta mestura lle poñemos un pauciño con moléculas de azúcre, co paso dos días a auga vaise evaporando e o azucre vaise cristalizando arredor do pauciño.

 

LIMO MAGNÉTICO

Fabricamos limo mesturando cola branca, borax e auga quente. Para que fora magnético engadímoslle po de ferro e experimentamos con imáns de neodimio.

AS CORES VIAXEIRAS

Para este experimento precisamos seis vasos transparentes que encheremos pola metade de auga. En vasos alternos (un si, un non) poñemos unha pinguiña de colorante alimentario das cores primarias (vermello, azul,amarelo) e papel de cociña.

A auga sube paseniño polo papel de cociña, de maneira que nos vasos que contiñan auga non tinguida, xurden novas cores.

 

A MENSAXE OCULTA

Escribimos uha mensaxe que posteriormente plastificamos. Nun recipiente transparente, colocámola no fondo. A continuación engadimos boliñas de hidroxel, de maneira que a nosa mensaxe ficará totalmente oculta. Pouco a pouco, imos engadindo auga ata que sexamos quen de ler dita mensaxe con nitidez. Esto é debido a que o índice de refracción da auga é moi similar o das boliñas de hidroxel.

 

EXPERIMENTOS 2019

Neste enlace podedes ver as fichas dos novos experimentos que fixemos este curso no CRA Monterrei

https://cramonterrei.wordpress.com/2019/06/30/os-experimentos-2019/

 

EXPERIMENTOS CURSO 2019/2020

 

A MOCHILA CIENTÍFICA

Continuamos coa actividade chamada “Ciencia en Familia” iniciada o pasado curso, xa que a experiencia resultou moi motivadora e satisfactoria para todos. Consiste en que cada neno leva, durante tres días, unha mochila á súa casa, co necesario para poder facer un experimento dos que xa fixemos noutros cursos, pero coa súa familia.

Cada mochila leva unha ficha co experimento a facer (onde se detalla o proceso e o que se aprende), os materiais que precisan, e un caderno de rexistro da experiencia.

Os experimentos que escollemos son sempre moi sinxelos e cunha reacción inmediata.

Na primeira quenda propuxemos un experimento para observar a presión do aire.

Na segunda quenda o experimento proposto foi para observar a oxidación do ácido cítrico por efecto da calor.

 

A MÚSICA FAINOS SENTIR EMOCIÓNS
Aproveitando a música, vimos como, tocando unha canción con lixeiras variacións nas notas, ou no acompañamento, podemos sentir alegría, tristura, medo, enfado…
Coa música podemos experimentar moitas emocións!!!

 

PASTA DE DENTES PARA ELEFANTES

Con este experimento descubrimos que a auga osixenada ao descomporse libera moitas burbulliñas de osíxeno, este proceso é lento por iso nós engadimos fermento, así aceleramos o proceso. Esas burbulliñas desaparecerían se non fose polo xabón líquido co que mesturamos todo, este atrapa as burbulliñas que saen de súpeto do recipiente en forma de espuma.

O resultado é como se premésemos un tubo xigante de pasta de dentes e saíse tanta coma se lle lavásemos os dentes a un elefante.

 

LEITE PLASTIFICADO

Con este experimento descubrimos a reacción que se produce cando se pon en contacto ao leite cun ácido. Observamos que o soro do leite se separa das proteinas.

 

CÍTRICOS

Aproveitando que preto da escola temos un laranxeiro, un día saímos a buscar a froita típica do inverno, as laranxas. Despois de obxervalas, ulilas, probalas e comparalas con outros cítricos fixemos tres experimentos diferentes que se poden ver no seguinte vídeo.

 

A METAMORFOSE DA RA

Coa chegada de dous cágados á escola puidemos observar todos os cambios, que se dan no seu corpo, co paso dos días e como se produce a súa metamorfose.

 

A SALVIA

Investigamos sobre as moitas utilidades desta planta aromática, fixemos aceite esencial coa salvia que temos no xardín da escola e observamos que as súas propiedades foron pasando ao aceite.

 

EXPERIMENTAMOS CON OVOS

Calquera oportunidade é boa para experimentar, e dous ovos de diferente tamaño, deunos moito que aprender e obxervar.

 

 

VINAGRE DE MAZÁ

Elaboramos vinagre con auga e mazá. Que sorpresa ver as reaccións que produce!

 

 

CIENCIA DURANTE O CONFINAMENTO:

 

PLASTILINA CASEIRA

Con este experimento aprendemos que con ingredientes tan sinxelos como a fariña, a auga, o aceite… se poden crear outras materias como a plastilina.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTAMOS COAS SOMBRAS

A través dun vídeo descubrimos que dependendo de onde esté colocada unha luz, proxecta unha sombra sobre os obxectos, que será máis ou menos longa, e estará orientada cara un lado ou cara outro,ou centrada.

Posteriormente experimentamos coas sombras:

 

PEGAMENTO CASEIRO

Con auga, fariña e azucre elaboramos unha pasta que ten o mesmo efecto que a cola branca. Observamos como mesturando estes ingredientes e cocéndoos se ligan e se transforman.

Esta é o vídeo que vimos para elaborar a masa:

E estes son os resultados da experiencia:

 

CIENCIA NA CASA

Facendo experimentos apréndese moito e pásase moi ben! Aquí tedes todos os que fixemos no CRA Monterrei, hai unha chea deles para escoller. Está é a proposta para o noso alumnado, que experimenten coas familias durante a cuarentena.

Pinchando nas imaxes podedes ver os  libros dos nosos experimentos

 

EXPERIMENTANDO NA CASA

Mirade canto experimentaron os nenos e nenas do CRA Monterrei durante este tempo de confinamento nas súas casas! Encántanos ver os seus experimentos e as ganas que teñen de observar, descubrir e aprender!

 

LÁMPADA DE LAVA

Con este experimento queremos seguir fomentando a experimetación dende as casas, e intentamos que os nenos aprendan dous conceptos científicos, o da densidade dos líquidos e o da hidrólisis.

O LIBRO DOS NOSOS EXPERIMENTOS DO CURSO 2019-2020

 

EXPERIMENTOS CURSO 2020/2021

 

TIME FOR SCIENCE!! IMOS SEPARAR SAL E PEMENTA!!

Con este experimento aprendemos cousas sobre a electricidade estática, e cun globo separamos grans de sal e grans de pementa. Parecía maxia!!

Soará AGUDO ou GRAVE?

No mes de decembro experimentamos sobre o son que pode producir unha tuerca ao chocar contra as paredes dun globo. Será distinto se a movemos rápido, ou se a movemos lento?

NEVE ARTIFICIAL

Mesturando auga moi fría con bicarbonato pódese facer unha pasta similar á neve, así que estivemos a experimentar a reacción que fan estas dúas materias.

 

BOLSA A PROBA DE FUGAS

As moléculas de certos materiais separanse e volvense cerrar de forma hermética co contacto con outros materiais. Nesta ocasión, a bolsa de plástico, ao contacto coa afilada punta do lapis, ábrese, separando as súas moléculas, e cérrase de novo sobre o obxecto de contacto, é dicir, o lapicero.

DETECTIVE DE PH

Grazas ás antocianinas que contén a lombarda, podemos empregala como un detector de PH de outras substancias. No vídeo pódese ver con máis claridade.

MICROSCOPIOS PARA VER O MUNDO MÁIS GRANDE

Para observar os animais que atopamos na nosa contorna estamos empregando os microscopios. Estamos moi sorprendidos de todo o que podemos atopar entre a terra.

EXPERIMENTAMOS CON LUZ

Experimentar coa luz negra e as cores fosforescentes crea un ambiente máxico do que gozamos estes días en Vilaza. Tamén observamos a diferenza entre foforescente e fluorescente.

OBSERVAMOS E APRENDEMOS COA NATUREZA

Coa observación do que hai na nosa contorna investigamos e aprendemos sobre o ciclo da vida das rás. Tamén aprendemos a diferenciar entre cágados, tritóns e salamántigas.

TINGUIMOS CON ELEMENTOS NATURAIS

Tinguimos ovos con casca de cebola e descubrimos que as tinguiduras obtéñense da natureza. Observamos, mentres cocen, o ciclo da auga.

FACEMOS PAPEL DE AUGAS

Facemos papel de augas e, mentres gozamos dunha actividade moi motivadora, descubrimos que a disolución de óleos e disolvente flota na auga e adhírese ao papel ao contactar con el.

ÓSO BRANDO

Fixemos un experimento para observar como o vinagre ataca ao calcio dos ósos e deixan de ser duros e parecen de goma.

VERMIÑOS BAILARÍNS

Neste experimento tentamos darlle vida a uns vermes de gominola. Para iso tivémolos en repouso uns 15 minutos en auga morna con tres culleradas de bicarbonato. Pasado ese tempo os vermiños comenzar a moverse ao introducilos nun vaso con vinagre a causa do gas que se libera na reacción do bicarbonato co vinagre.

ECLOSIÓN DA BOLBORETA

Despois de coidar e alimentar os vermes de seda e coñecer as súas transformacións, puidemos observar atentamente a eclosión da bolboreta, proceso que durou máis de 30 minutos.

APRENDENDO COAS FABAS

Observamos como xerminan as fabas en diferentes situacións, experimentamos con elas para observar cales son as súas necesidades, medidos e anotamos nunha táboa.

A LAVAR AS MANS (Maxia ou Ciencia?)

Na clase de plástica fixemos un experimento que parece un pouco máxico, pero é que moitas veces a ciencia parece maxia.

O que vemos con esta experiencia é un efecto óptico que está producido pola incidencia da luz ao atravesar a auga e chegar ata o plástico cun determinado ángulo de inclinación.

EXPERIMENTANDO COA AUGA

Que ocorre cando as botellas están comunicadas? Pois que se iguala o nivel en todas as botellas, seguindo a teoría dos vasos comunicantes

OS DEBUXOS FLOTANTES

Os pigmentos que conteñen os rotuladores do encerado, fan que a tinta se manteña cohesionada pero que non se una permanentemente nunha superficie e poida flotar en agua, axudado pola tensión superficial de ésta.

O LIBRO DOS NOSOS EXPERIMENTOS DO CURSO 2020-2021