CONTO

ARTURO Y CLEMENTINA

CANCIÓN

25 de novembro. ACTIVIDADES

Hoxe celébrase o día Mundial contra a Violencia de Xénero, e no CRA Monterrei quixemos facer fincapé nesta conmemoración.

É moi importante que dende moi pequenos tomemos conciencia do que é, e as terribles consecuencias que pode ter a violencia de xénero; por eso hoxe, no CRA Monterrei, fixemos diferentes actividades para comprendelo. Ademais de falar do significado desas palabras, visualizamos o conto de Arturo e Clementina, reflexionamos sobre o que lle pasa a Clementina no conto, que fai mal Arturo e que tipo de violencia está exercendo Arturo sobre ela. Tamén fixemos fincapé nos diferentes tipos de violencia que hai, e como nos fai sentir a violencia. Pensamos en accións que podemos facer cando alguén exerce a violencia con nós. 

Tamén tocamos o tema da igualdade, chegando á conclusión de que si mulleres e homes temos unha cabeza, dous brazos, dúas mans, dúas pernas e dous pés, somo iguais e temos que ter as mesmas oportunidades.

Ao longo da semana seguiremos traballando actividades relacionadas con este tema.

 

25  DE NOVEMBRO NA BIBLIOTECA

Na educación desde pequeniños iníciase a loita pola igualdade de xénero e apréndese a respectar. É así como, algún día, poderemos erradicar da nosa sociedade as discriminacións e a violencia contra as mulleres. Por iso, hoxe á tarde, na biblioteca do CRA Monterrei tamén conmemoramos o 25 de novembro e fixémolo contando o conto “EL NIÑO QUE NO QUERÍA SER AZUL, LA NIÑA QUE NO QUERÍA SER ROSA” de Patricia Fitti, despois debuxámolo e fixemos varias manualidades.

Este é o conto por se queredes velo

 

DANIELA  PIRATA: Un conto pola igualdade

A outra tarde  na biblioteca do CRA contamos o conto de Daniela la Pirata unha rapaza que o que máis desexa no mundo é ser pirata ,ela supera con éxito todas as probas pero atópase cun gran impedimento para conseguilo…ser muller. Lede o conto e veredes o que pasa !

 

DÍA DA PAZ EN MEDEIROS

O luns 3 de febreiro xuntámonos as tres escolas do Cra, e alá fomos onda os nosos amigos do Ceip de Medeiros, a pasar o día xuntos, e festexar a paz.

Gozamos cos contos de Raquel Queizás, xogamos xuntos, pintamos un mural pola paz, cantamos unha canción coa mesma temática…

E, o máis importante de todo, convivimos!!!

Queremos máis!!!

Tamén vos deixamos información sobre os contos que escoitamos ese día, da man de Raquel Queizás, e as actividades que se poden facer para ampliar esta temática.

 

TEMOS QUE FACER UN MOLINILLO DE PAPEL

Hoxe todos temos que facer un muíño de papel ou de cartolina azul. Necesitámolo para mañá, así que non deixedes de construílo e lembrade que ten que ser de cor azul!              

                                  

 

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Xa tedes os muíños de papel preparados? Pois agora toca colocalos no balcón ou a ventá para celebrar todos xuntos o 2 de abril!

Respetade todos o que pon o cartel da dereita!

 

 

COÑECEMOS A MARÍA

Como hoxe celebramos o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, que mellor que coñecer esta historia, onde o pai de María, que é unha nena con autismo, vai contando como é o día a día da súa filla.

 

 

 

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO DENDE A CASA!

No CRA Monterrei non esquecemos celebrar, o 2 de abril, o Día Mundial do Autismo. Este ano fixémolo desde as nosas casas!

 

 

APRENDEMOS MATEMÁTICAS CUN CONTO

A que parece raro? Pero a que soa divertido? Pois si, amiguiños, con este conto ides aprender matemáticas…ademáis de coñecer unha historia fermosa.

 

¡ VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!

Este conto está inspirado nunha historia real, e conta unha realidade actual que demostra como na nosa sociedade aínda hai moitos prexuízos e patróns de xénero, que seguen impoñéndose na infancia.

 

 

EL NIÑO QUE NO QUERÍAS SER AZUL , LA NIÑA QUE NO QUERIA SER ROSA

O conto que vos propoñemos hoxe está pensado para traballar a igualdade de xénero. Un libro ilustrado que promove o dereito dos nenos e nenas a elexir libremente, en función dos seus gustos, ao marxe dos estereotipos da sociedade.

 

Non hai xogos de nenos ou de nenas, nin cores, nin emocións ou actitudes, simplemente hai cousas que gustan e cousas que non gustan. E dende moi pequenos, temos dereito a experimentar, sentir e elixir o que máis nos intereseou apasione.

 

Ao rematar de ver o conto, debuxade, escribide e analizade.

Credes que hai cousas de nenos e nenas, ou todos temos dúas máns, dous ollos, dúas pernas coas que poder facer de todo? E os sentimentos? Non sentimos todos tristeza, alegría, dor, enfado…?

Os de infantil, podedes debuxar os xoguetes que máis vos gusta, e pintalos coas cores que máis vos apeteza.

Os de primaria, facede listas de cousas que vos gustan. De xoguetes, de cores, debuxos animados…

 

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA NO CRA. MONTERREI

Hoxe 15 de Maio celébrase o día internacional da familia. Mirade que bonitas son as familias do CRA Monterrei vistas cos ollos dos nosos nenos e nenas! Que ben as debuxaron, felices dentro desas casiñas tan ben feitas!

 

UNHA CHEA DE FAMILIAS!

E, xa que estamos no Día das familias, que mellor que festexalo cunha canción que fala dos diferentes tipos de familias que podemos atopar.

“Quérense, e viven xuntos, logo familia son” 

 

 

FAMILIAS E BOTÓNS

Non podíamos deixar de festexar este día das familias sen o contiño correspondente. Para esta data, atopamos un que fala de botóns. Que raro, verdade?

Pois… é ben bonito o que conta deses botóns…

 

LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR

Esta historia fainos reflexionar sobre a importancia de levar a  cabo os nosos soños , sen deixar de loitar  por eles a  pesar dos prexuízos  e os obstáculos que atopemos. Así como a importancia  de ter confianza en nós mesmos e de aceptar as nosas diferenzas e as dos outros , valorando a diversidade como un enriquecemento da convivencia e non como unha dificultade.

 

 

QUEN SE ATREVE ?

Durante este  curso aprendemos algunhas palabras en lingua de signos : os vosos nomes, os días da semana, os números… que vos parece aprender unhas poucas máis e de paso ver este conto titulado : LIMÓN e que nos conta e signa unha  mestra do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga, Tareixa Martínez.

   Como ela nos di ao final de conto, hai que practicar. É moi fácil! Só hai que facelo con cariño.

   Se algún de vos se atreve, pode gravarse signando  o conto e mandarnos o vídeo, estaremos encantados de ver o ben que o sabedes facer.