VERMIÑOS BAILARÍNS

Vídeo

Neste experimento tentamos darlle vida a uns vermiños de gominola. Para iso tivémolos en repouso uns 15 minutos en auga morna con tres culleradas de bicarbonato. Pasado ese tempo os vermiños comenzar a moverse ao introducilos nun vaso con vinagre a causa do gas que se libera na reacción do bicarbonato co vinagre.

HAI PATOS NO RÍO!

Vídeo

Cando temos a escola nunha contorna tan bonita hai que aproveitar todo o que xorde e serve para aprender !

Dixéronnos que no río había unha pata con moitos parruliños e alá fomos.

Mentres os buscabamos observamos hortos, plantas… Gozamos da natureza na primavera!

OS MAIOS EN VILAZA

Vídeo

O 30 de abril celebramos a festa dos Maios en Vilaza. O mércores aproveitamos a andaina de educación física na rúa, para recoller flores silvestres, mentres comentabamos os seus nomes e características  O venres trouxemos máis flores de casa e con todas creamos, sobre cartón, dous cadros cos animaliños que estamos a criar na escola. A celebración rematou cantando as coplas na alameda para o mellor público, as familias.

MAIOS EN PAZOS

Imaxe

Este venres celebramos a festa dos Maios en Pazos. O día antes saímos a buscar flores pola contorna, clasificámolas, separámolas, observámolas… Ese día creamos os nosos maios sobre base de cartón, e para rematar, cantámoslle as coplas ás familias.