Arquivo do blog

MAIOS EN PAZOS

Imaxe

Este venres celebramos a festa dos Maios en Pazos. O día antes saímos a buscar flores pola contorna, clasificámolas, separámolas, observámolas… Ese día creamos os nosos maios sobre base de cartón, e para rematar, cantámoslle as coplas ás familias.

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 21/22

Imaxe

Prazo de admisión: do 1 ao 22 de marzo

Modelo de solicitude: Anexo II, dispoñible en tódalas escolas do CRA ou descargando aquí Anexo II Solicitude de Admisión.

Documentación a entregar coa solicitude:

  • Fotocopia do libro de familia onde apareza o nacemento do neno/a.
  • Fotocopia da cartilla médica
  • Fotocopia das Vacinas
  • Informe médico
  • Tres fotos (tamaño carné)
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

Lugar de presentación:

  • Nas aulas de Pazos, Vences e Vilaza.
  • Na sede do CRA Monterrei (Albarellos) os luns, mércores e venres de 10:00 a 11:00

Cada solicitante presentará  UNHA ÚNICA SOLICITUDE no Colexio que solicita en 1º lugar.

  • Pódense poñer ata 6 colexios por orden de preferencia.
  • No caso de presentar máis dunha solicitude en distintos centros serán todas invalidadas.
  • As solicitudes fora de prazo mandaranse á comisión de escolarización.

Normativa que rexe este proceso:

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG 26 de decembro de 2012).

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 15 de marzo de 2013)

Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 febreiro de 2017)

 

SEMANA DE HARRY POTTER

Imaxe

Os apasionados/as do mundo máxico de Hogwarts saben que esta semana, foi a semana de Harry Potter, e en Pazos non puidemos desperdiciar a oportunidade de disfrutar e aprender.

Fíxosenos moi curta a semana, e á volta do entroido seguiremos disfrutando coas aventuras de Harry Potter. Polo de pronto, aquí vos deixamos un pequeno vídeo de todo o que fixemos.

 

FACEMOS NEVE ARTIFICIAL

Imaxe

Este venres fixemos unha actividade relacionada co inverno, neve artificial.

Para motivar a actividade lemos o conto “Blanco como nieve”, un conto rimado que nos gustou moito, debuxamos ao protagonista en papel negro e despois fixemos neve artificial con só dos ingredientes. Mirade como disfrutamos.

 

 

PLAN DE ADAPTACIÓN E PROGRAMA DE ACOLLIDA

Imaxe

Presentámosvos nos arquivos adxuntos, os Plans de Adaptación Cov-19 e o Plan de Acollida ás familias seguindo as instruccións da RESOLUCIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL E DE SANIDADE .

Son documentos que están a ser revisados continuamente atendendo ás instruccións que están a ser publicadas no Portal Educativo e tamén irán sufrindo modificacións en función da efectividade que observemos no día a día das nosas escolas, sempre atendendo as indicacións dos Protocolos indicados pola Consellería de Educación e de Sanidade.

Tocade nos documentos para abrilos

SEGUIMOS EXERCITANDO A MENTE

Imaxe

Xa vos contamos varias veces que debemos axudar aos nosos peques a aprender a pensar. Os cortos de animación son un bo recurso, sempre que estean seleccionados con criterio, propiciemos a súa comprensión, promovamos a reflexión sobre o que están vendo e os axudemos a interpretalos.

 

Hoxe propoñemos estes dous cortos, o primeiro trata o tema da cooperación, o segundo traballa a resolución de conflictos.