PATRULLA LIMPAMUNDOS

Hoxe fixemos a primeira saída ao río da nosa aldea para observar si xa tiña algo de auga, e de paso puxemos unhas luvas para limpar o parque onde xogamos. Quedamos sorprendidos da suciedade que había.

DEGRAÑAMOS FABAS E LEVAMOS OS RESTOS AO COMPOSTEIRO

Esta semana empregamos as fabas para traballar habilidades motrices e de atención. Os restos orgánicos que xeneramos levámolos ao composteiro para poder ter un bo compost na primavera.

SOSTIBILIDADE CON PEQUENAS ACCIÓNS

A época do ano na que estamos ten un alto valor gastronómico, e en Pazos non queremos perder a oportunidade de aprender co outono. Non só coñecemos as froitas desta época, si non que tamén aprendemos a transformalas para ir tomando conciencia do que son as accións sotibles e coidado da saúde do noso planeta.

LIMPANDO A NATUREZA

Para aprender a respectar e coidar a natureza o alumnado de Vilaza saíu limpar a ribeira do río Bubal, que está á beira da nosa escola. Recollendo o lixo descubrimos o que non se debe facer e aprendemos a non facelo nós!