Monthly Archives: Xuño 2023

Experimento Galáctico

Estándar

Este  experimento trátase da unión de  dous experimentos, o experimento da pementa e o experImento do colorante e o leite.

PRECISAMOS:

Un plato fondo, leite, colorante alimentario líquido, algodón, brillantina, xabón lavavaixelas  líquido e pinza da roupa.

PASOS A SEGUIR:

1º: Nun  plato fondo, vertemos un pouco leite, engandimos brillantina e unas gotas de colorante.

2º: Cunha pinza agarra un anaco de algodón e ponlle unas gotas de xabón para lavar a  louza.

3º: Coloca a pinza co algodón no centro do plato e observa o que acontece.

QUE APRENDEMOS:

O leite é na súa maior parte auga, pero tamén contén grasa. Cando engades os colorantes estes flotan porque son menos densos que o leite, pero cando o xabón entra en contacto, os colorantes empezan a correr por todo o plato, mesturándose, retorcéndose, creando un curioso efecto.

Ademáis a brillantina flota encima da superficie do leite. En dita superficie hai unha capa máis firme por a súa maior forza entre moléculas, o que chamamos tensión superficial.  O poner o xabón a tensión disminúe no centro, facendo fuxir a brillantina.