Experimento Galáctico

Estándar

Este  experimento trátase da unión de  dous experimentos, o experimento da pementa e o experImento do colorante e o leite.

PRECISAMOS:

Un plato fondo, leite, colorante alimentario líquido, algodón, brillantina, xabón lavavaixelas  líquido e pinza da roupa.

PASOS A SEGUIR:

1º: Nun  plato fondo, vertemos un pouco leite, engandimos brillantina e unas gotas de colorante.

2º: Cunha pinza agarra un anaco de algodón e ponlle unas gotas de xabón para lavar a  louza.

3º: Coloca a pinza co algodón no centro do plato e observa o que acontece.

QUE APRENDEMOS:

O leite é na súa maior parte auga, pero tamén contén grasa. Cando engades os colorantes estes flotan porque son menos densos que o leite, pero cando o xabón entra en contacto, os colorantes empezan a correr por todo o plato, mesturándose, retorcéndose, creando un curioso efecto.

Ademáis a brillantina flota encima da superficie do leite. En dita superficie hai unha capa máis firme por a súa maior forza entre moléculas, o que chamamos tensión superficial.  O poner o xabón a tensión disminúe no centro, facendo fuxir a brillantina.

QUE FACEMOS???

Vídeo

É moi importante ensinar aos nenos dende ben pequenos a reaccionar ante unha emerxencia.

Por iso solicitamos á Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Verín que viñesen ao CRA para ensinarnos como temos que actuar.

Moitas grazas a Manuel e Demetrio por facelo tan didáctico e divertido!

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Estándar

O día 2 de abril conmemoróuse o ” Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo” por iso dende o CRA. Monterrei quixemos sumarnos á súa visibilización e o venres nas aulas falamos e traballamos sobre este tema. Facendo especial fincapé no feito de que todos somos iguais ,pero diferentes; de que debemos comprender e valorar ás persoas con autismo e dárlles o noso apoio.

#Día Mundial Autismo

#Llamémoslo Por Su Nombre

Experimento: Compás Caseiro

Estándar

Realizamos un novo experimento.

Nestes días estivemos experimentando con imáns e aprendendo algunha das súas utilidades. Unha delas é o Compás que serve para orientarnos e para saber cara onde están os puntos cardinais dende a nosa posición. Fabricamos un compás caseiro e comprobamos se funcionaba correctamente.

Mirade este vídeo e veredes como resultou o noso experimento.

ACTIVIDADE DE ENTROIDO

Estándar

Gústanos coñecer as tradicións da nosa comarca, así que este ano contactamos coa Asociación de Galos da Mezquita para que viñeran a ensinarnos como se visten no Entroido. E como non hai mellor lugar que o Museo Galego do Entroido, alá fomos ata Xinzo para disfrutar das nosas tradicións.