Monthly Archives: Abril 2020

FESTA DOS MAIOS 2020

Imaxe

Hoxe estariamos todos en Vilaza, celebrando a Festa dos Maios cos amigos de Medeiros. Por culpa desta pandemia, que nos ten a todos na casa, non podemos, pero as nosas coplas estarán mañá, na celebración virtual dos Maios, organizada polo Concello de Verín. Serán uns Maios moi especiais que axudarán a investigar a vacina do Covid-19. Estade moi atentos a este evento! Mañá coñeceredes as nosas coplas!

MAURO NECESITA UN ABRAZO

Estándar

Nestes días  nos que estamos na casa botamos moito de menos as apertas  daquelas persoas as que queremos e non temos preto . A Mauro pásalle algo parecido necesita dar unha aperta e busca a quen darllo… ata que atopa ese “ABRAZO” que lle reconforta e lle enche de cariño.

QUEN LLO DARÁ?

 

DESVELAMOS A SORPRESA

Estándar

O luns propuxémosvos  que fixerades un portarretratos .Xa está feito? Quedouvos chulo?

Imaxinades para quen é ? Pois claro!  Para MAMÁ.

O domingo 3 de maio é o seu día e vós xa tedes o regalo preparado ( os que non o fixéstedes  aínda estades a tempo, apurade!)

Podedes completar o regalo cunha postal de felicitación , e como sabemos o importantes que son os abrazos de Mamá (como no conto de Mauro) aí van unhas propostas de postais, pero  se preferides   deixade  voar a imaxinación e facédelle  vós unha felicitación ; seguro que lle encantará.

 

Osiño

NADARÍN

Imaxe

Nadarín é un conto que nos ensina que con valentía, inxenio e colaboración se consigue o que nos propoñamos. Estamos en momentos de empregar todo o noso inxenio, valentía e colaborando para volver á normalidade.

Despois de ver o conto, propoñémosvos que fagades sellos con patacas para estampar (como no exemplo da imaxe). Podedes facer as formas que queirades, ata facer a Nadarín e estampalo xunto cos seus amigos.

Facemos unha frauta?

Estándar

Este chico, chamado Abraham Cupeiro, ensínanos como se pode facer unha frauta cunha palliña. E tamén nos conta unha bonita historia de hai moito tempo. Podedes intentalo na vosa casa, cunhas tesoiras (pedide axuda a un adulto) e unha palliña de refresco. 

HEAD, SHOULDERS, KNEES AND TOES

Estándar

 

 

Good morning !! Bos días!! Today it’s time to sing and dance!!  Hoxe toca cantar e bailar!! Do you remember when we did it at school? Lembrades cando o fixemos no cole?

 

Este é un traballiño para os nenos e nenas de Educación Primaria, tedes que recortar as palabras e pegalas no seu sitio correspondente, se non podedes imprimir para rcortar e pegar, podedes ler as palabras e señalar onde van.

What do you want to do ?

New mailCopy

What do you want to do ?

New mailCopy

DIA DO LIBRO 2020

Vídeo

O pasado día 23 de abril conmemoramos o “Día lo Libro” así que lles pedimos aos nosos alumnos que nos amosaran o marcapáxinas que fixeron xunto ao seu libro preferido.

Neste vídeo podedes ver os grandes lectores que temos no CRA. Monterrei.

 

 

ORDENAMOS AS EMOCIÓNS

Vídeo

Co conto de hoxe queremos traballar o tema das emocións. Unha nena vai contando que sinte o seu corazón en cada situación e compáraa con algo coñecido. A través da metáfora, axúdalle aos nenos a ordenar e entender as emocións que sinten a diario.

Para ter unha correcta xestión das nosas emocións, o primeiro paso é recoñecelas.

Ao rematar de ver o conto, podedes debuxar un corazón grande, pensar como vos sentides, pintalo da cor da emoción que suxire o conto e escribirlle o nome á emoción.

Si sodes máis intrépidos, debuxade un corazón das emocións que vades experimentando ao longo do día, e pola noite mirade de cantas cores tedes os corazóns.

 

VAMOS COAS MATES!

Vídeo

Nos seguintes vídeos atoparedes diferentes propostas para repasar conceptos matemáticos na casa. Estas ideas pódense adaptar según as diferentes idades dos vosos pequenos, xogando con números maiores ou inferiores.

Trabállase a numeración, o cálculo, as descomposicións dos números, as sumas e as restas.

Animádevos a debuxar a tía Hipa e xogar coas súas galletas.

SORPRESA, SORPRESA…

Estándar

Para esta semana contamos cunha actividade de plástica moi, moi importante, vai ser unha sorpresa… así que temos que esforzarnos e facela moi ben . IMOS FACER UN PORTARRETRATOS .

1)Tedes que escoller unha foto que vos guste moito; pode ser que salgas ti, o a túa familia , ou mamá; e tendo en conta a medida da foto prepararemos o portarretratos para colocala. Se non atopades ningunha foto, podedes facer un debuxo.

2)Necesitamos  un cartón ou cartulina e facemos  os seguintes pasos (FOTO). Pedídelle axuda aos papás que ben seguro estarán encantados de botarvos  unha man.

 

3) Tamén hai que buscar con que adornar ese marco de fotos , podedes empregar: pasta de sopa , botóns, la, palliñas de beber…todo o que vexades que serve e que teñades na casa. podédevos inspirar nestas ideas ( FOTO)

Para pegar eses adornos necesitaredes cola branca,pero se non  a tedes na casa podédela fabricar. Non sabedes como? Pois mándovos un vídeo explicativo ( e vos podo asegurar que funciona porque eu empregueino para  o meu portarretratos)