Monthly Archives: Febreiro 2020

TROTEIROS DE BANDE

Imaxe

O pasado mércores, viñeron dous Troteiros de Bande a ensinarnos como se visten no entroido.

Contáronnos que son os encargados de levar o entroido polas aldeas do seu concello.

Si queredes saber algo máis deles, abride o vídeo, e disfrutade tanto coma nós.

Día da Paz en Medeiros

Estándar

O luns 3 de febreiro xuntámonos as tres escolas do Cra, e alá fomos onda os nosos amigos do Ceip de Medeiros, a pasar o día xuntos, e festexar a paz.

Gozamos cos contos de Raquel Queizás, xogamos xuntos, pintamos un mural pola paz, cantamos unha canción coa mesma temática…

E, o máis importante de todo, convivimos!!!

Queremos máis!!!


Tamén vos deixamos información sobre os contos que escoitamos ese día, da man de Raquel Queizás, e as actividades que se poden facer para ampliar esta temática.

https://www.raquelqueizas.com/actividades-somos-iguais/