Daily Archives: 02/03/2020

TRAE AOS TEUS FILLOS AO CRA MONTERREI

Estándar

Prazo de admisión: do 1 ao 20 de marzo

Modelo de solicitude: Anexo II, dispoñible en tódalas escolas do CRA ou descargando aquí Anexo II Solicitude de Admisión.

Documentación a entregar coa solicitude:

  • Fotocopia do libro de familia onde apareza o nacemento do neno/a.
  • Fotocopia da cartilla médica
  • Fotocopia das Vacinas
  • Informe médico
  • Tres fotos (tamaño carné)
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

Lugar de presentación:

  • Nas aulas de Pazos, Vences e Vilaza.
  • Na sede do CRA Monterrei (Albarellos) os luns, mércores e venres de 12:00 a 13:00
Cada solicitante presentará UNHA ÚNICA SOLICITUDE no Colexio que solicita en 1º lugar.
  • Pódense poñer ata 6 colexios por orden de preferencia.

  • No caso de presentar máis dunha solicitude en distintos centros serán todas invalidadas.

  • As solicitudes fora de prazo mandaranse á comisión de escolarización.

Normativa que rixe este proceso:

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG 26 de decembro de 2012).

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de  alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 15 de marzo de 2013)

Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 febreiro de 2017)