Daily Archives: 20/03/2020

CANCIÓN “LA CASA DEL 10”

Imaxe

Que tal si aproveitamos estes días para aprender unha canción?? Veña, animádevos!!

(Para comezar a reprodución da canción, pinchade nas barras da imaxe)

Logo, podedes debuxar unha casiña e xogar a descompoñer o número 10. Os máis pequenos podedes facelo con obxectos, os máis grandes con números, e os maiores de todo, en vez da casa do 10, podedes facer a casa do 100.

HOW ARE YOU? COMO ESTADES?

Estándar

Queridas familias, espero que esteades todosmoi ben!! deixo unhas actividades voluntarias para repasar os números e as cores para os nenos de Educación primaria, hai algunha tarefa de colorear que tamen pode ser realizada polos máis pequenos se lles ledes o nome da cor. Espero que nos vexamos pronto, mentres porei algunha cousiña por aqui. Bicos para todos!!

 

NUMBERS & COLOURS VOCABULARY

What do you want to do ?

New mailCopy

CHEGOU A PRIMAVERA

Imaxe

Bos días nenas e nenos!!!

Hoxe comezou a primavera, e non podemos marcar os nosos calendarios da escola. As vosas profes propoñémosvos que a marquedes con papá e mamá no calendario das vosas casas.

Nestes días, podedes facer actividades relacionadas coa primavera, como faríamos na escola.

Escoitamos un pouco de música:

Facemos algunha manualidade:

 

Podedes imprimir e pintar animais:

 

 

 

 

 

 

Xogar no voso ordenador:

 

 

 

 

 

 

Para os de Primaria, podedes practicar estas lecturas comprensivas: