Daily Archives: 27/03/2020

Festexamos o día do teatro

Estándar

Hoxe, 27 de marzo, é día do teatro, de modo que imos celebrar esta festividade cun vídeo moi simpático, dun pequeno número teatral, que nos lembra que hai que ser coidadosos co medio ambiente

 

E, xa que este vídeo nos amosa a importancia de coidar… por que non ensinades o ben que estades a coidar vós da vosa plantiña, aquela que sementastes? Propoñémosvos facer un debuxo no que saiades vós regando a vosa planta. Logo podedes sacarvos unha foto co debuxo, e colgalo nos comentarios da noticia do Facebook do cole.
Parécevos boa idea?