Daily Archives: 23/03/2020

TOCA SEMENTAR

Imaxe

Sabedes unha cousa, hoxe 23 de marzo iamos conmemorar a semana da árbore e da auga plantando unha árbore en cada aldea do CRA. Por iso propoñémosvos que sementedes algo en cada casa e coidedes moi ben a vosa planta ata que nos volvamos a xuntar no cole. Queremos velas!

Na escola espéravos un agasallo: un conto para cada un que vos mandaron da Deputación Provincial de Ourense.